Cafetería y Restauración - Info. y Reservas: 659 40 28 64                                                                                 info@herculesgolf.com · 981 64 25 45

A Deputación da Coruña contribúe á mellora das instalacións do club

O club Hércules CG ven de poñer en servizo os vestiarios do seu complexo tras levar a cabo unha remodelación das instalacións e acometer melloras de fontanaría, solucionando así problemas de hai tempo. 

En concreto, os traballos permitiron renovar por completo as duchas dos vestiarios que se atopan na planta soto da Casa Club. Acometéronse obras de albanelería, fontanaría e pintura, renovando por completo o pavimento das duchas, o alicatado e instalando nova grifería nas duchas. A inversión levada a cabo superou os 19.000 euros, e contou cunha achega de 11.000 euros por parte da Deputación da Coruña a través do programa de axudas a entidades deportivas que o ente provincial convoca anualmente. 

Coa reforma levada a cabo, os vestiarios gañan en calidade e prestacións para os usuarios do campo, tanto socios do Hércules CG coma os visitantes que se achegan a Larín para a práctica do golf.  

A Xunta Directiva do Hércules Club de Golf quere agradecer a colaboración da Deputación polo seu apoio para a mellora da entidade e as súas instalacións. Nos últimos anos, o ente provincial subvencionou varios proxectos que contribúen á mellora dos servizos do club e á práctica do deporte do golf.