1. Fóra de límites (Regra 18.2)
Definido por valos metálicos ou estacas brancas que delimitan o campo. As bólas que atravesen a estrada que hai entre o foxo 10 por unha banda e os foxos 11 e 17 pola outra, considéranse que están fóra de límites aínda que repousen nunha parte do campo.
2. Áreas de penalización (Regra 17)
Existen dous tipos de áreas de penalización, marcadas con estacas amarelas ou vermellas. No foxo 7 existe unha área de dropaje obrigatoria para todas as bólas que repousen dentro da área de penalización e que non sexan xogadas como repousen ou non se opte por repetir o golpe con penalización de golpe e distancia (Regra 18.1).
3.Condicións anormais do campo (Regra 16.1)
3.1 Terreo en reparación
- Todo terreo marcado con estacas, cordas ou pintura azul ou branca.
- Azaleas, terreo recentemente sementado ou árbores recentemente plantadas; os sebes de separación entres foxos son obxectos integrantes do campo (Regra 8.1a) e non teñen alivio.
- Árbores con cordas, protector de tronco ou estacas azuis.
- Roderas de maquinaria e material de construción.
- Gabias de drenaxe e buratos de obras.
- Surcos no bunker producidos por acción da auga.
- Danos causados por animais.
3.2 Obstrucións inamovibles
- Pontes, estradas, camiños con cemento, camiños con travesas e pavimentos artificiais. O resto de camiños son obxectos integrantes do campo (Regra 8.1a) e non teñen alivio.
- Casetas de pozos, aspersores e tapas de rega.
- Tocos de árbores.
- Estacas de calquera cor, excepto as brancas que delimitan o fóra de límites.
- Cordas protexendo greenes ou árbores.
4. Cables eléctricos permanentes
Se unha bóla golpea os cables eléctricos, o golpe cancélase. O xogador debe xogar unha bóla sen penalización desde onde xogou o golpe anterior (ver Regra 14.6 para o procedemento).
5.Ritmo de xogo (Regra 5.6)
Establécese un máximo de 2 horas e 20 minutos para xogar cada volta (9 foxos) independentemente do tee que se saíu. A penalización por incumprimento da norma:
- Dentro dos 10 minutos por encima do tempo máximo por volta: penalización xeral.
- A partir dos 10 minutos: descualificación.
6. Uso de buggies
Permítese o uso de buggies, salvo que o Regulamento específico da proba prohíbao expresamente. Deben circular sempre por camiños e rough, nunca por tees de saída, greenes ou antegreenes e non deben adiantarse ao resto de xogadores da partida.
7.Regra de inverno
Na época que autorice o Comité de Competición, cando a bóla repouse nunha parte da área xeral de herba cortada á altura de rúa ou menor, o xogador pode tomar alivio sen penalización, só unha vez, colocando a bóla orixinal ou outra bóla e xogándoa nesta área de alivio: a tamaño da área de alivio será dunha tarxeta de resultados e non debe estar máis preto do foxo que o punto onde repousaba a bóla tendo que permanecer na área xeral.
8. Código de conduta (Regra 1.2)
Referéncianse as seguintes condutas que poderían ser penalizadas durante unha volta:
- Non repoñer costeletas.
- Non alisar bunkers.
- Non reparar piques de bóla.
- Causar danos innecesarios ao campo ou calquera outro acto que, a xuízo do Comité ou do árbitro, merezan a cualificación de conduta antideportiva.
A penalización por infracción do código de conduta é:
- Primeira infracción: un golpe de penalización.
- Segunda infracción: penalización xeral.
- Terceira infracción: descualificación.
PENALIZACIÓN POR INFRACCIÓN DAS REGRAS LOCAIS
Excepto no especificado por infracción do código de conduta, a penalización por infracción de calquera regra local é a penalización xeral (Perda do foxo en Match-Play e dous golpes en stroke play).
Larín
(Arteixo), Novembro de 2023
O Comité de Competición